jueves, 4 de septiembre de 2014

Volvemos ó día - Dios Ke Te Crew -Heroes




Xa que comezamos co novo curso político, nós acompañámolo comezo cun pequeno resumo da situación actual dos nosos gobernantes (os nosos son PPros pero cada un cos seús).

Para isto acollémonos baixo o heterodoxo brazo dos RudeBoys de Ordes, dos Guerrilleiros Galegos dos Pratos, dos Maquis herdeiros dos Xogos Florais, as comparativas non se me dan moi ben…pero entendese o que quero dicir

Despois de máis de 10 anos dando batalla, este grupo de Hip Hip atreveuse a recuperar os versos do poeta galego Celso Emilio Ferreiro neste “deitado frente o mar” ou de comprometerse (ainda máis se cabe) neste "Herdeiros da Ditadura", tamén participando na película colectiva "Hai que botalos" para a bronca campaña do 2005.

Destaco as pezas que surxen da súa colaboración con Quempallou no "Ninguém" ou este pildorazo de "Adiante" con Ruxe Ruxe.

Pois con todo, este tema do 2013 valenos para volver a tomarlle o pulso onde o deixamos, nunha puta merda, iso sí, con tres heroes de altura Barcenas, Feijoo e Urdangarín, que con todo o que fixeron foi... foi...foi por axudar conaaa.


No hay comentarios:

Publicar un comentario